Seguimos avanzando no proxecto, e hoxe tocou clase de relaxación para coa axuda desta, poder achegarnos a realidade do noso alumnado. Tratábase de conseguir que todos imaxinaran unha viaxe ata a súa habitación e lograran "mirar" pola súa ventana para despois, na aula, debuxar o que viran durante a relaxacion. Algúns dos debuxos son moi reais, posto que despois de buscar as direccións de cada un dos nenos/as, puidemos observar a través de google maps o que había o redor das súas vivendas, e polo tanto, sabemos que elementos poden ser os que ven os rapaces polas súas fiestras. Outros dos debuxos son, como é lóxico en nenos destas idades, máis fruto da imaxinación que doutra cousa. O que, por outro lado, tamén é fantástico. E outros precisaron axuda, posto que nunca se asomaran á ventana do seu cuarto, non lembraban o que podían ver por ela, ou simplemente non teñen ventana. Nestes casos suxerímoslles que imaxinaran a ventana de outra estancia da casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario